jueves, 19 de diciembre de 2013

CARTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:
Os nenos e nenas de segundo desexámosvos un bo nadal e unhas boas festas con toda a familia reunida. Queremos tamén que teñades un bo ano 2014 cheo de ledicia e felicidade.
Por último, esperamos que comades moito turrón e bebades un pouquiño de champán sen empachar.
Unha forte aperta dos nenos e nenas de segundo (Paula, Rita, Antela, Alba, Antón Pérez, Maite, Ángel, Lucía, Alex, Martín, Ainhoa, Abel, Tania, Irene, Daniel, Antón Figueroa, Jéssica e Santiago).

1 comentario:

  1. Como di a canción "xa chega o nadal e a xente alegre está..." e eu tamén estou alegre. Non solo pola chegada de esta época do ano tan fermosa, senón polo traballo realizado por todos vós ao longo do trimestre. Foron moitas as horas adicadas ás mates, a lingua galega e a coñecemento do medio e o progreso vaise notando.
    Xa axiña entra un novo ano e de seguro que virá cheo de sorpresas (entre elas estrenar o novo encerado dixital da aula co cal faremos un montón de actividades, un pequeno proxecto relacionado cos ríos...).
    Non queda máis que desexarvos a tod@s unhas felices festas.
    Unha aperta.
    Jose

    ResponderEliminar