jueves, 19 de diciembre de 2013

CARTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:
Os nenos e nenas de segundo desexámosvos un bo nadal e unhas boas festas con toda a familia reunida. Queremos tamén que teñades un bo ano 2014 cheo de ledicia e felicidade.
Por último, esperamos que comades moito turrón e bebades un pouquiño de champán sen empachar.
Unha forte aperta dos nenos e nenas de segundo (Paula, Rita, Antela, Alba, Antón Pérez, Maite, Ángel, Lucía, Alex, Martín, Ainhoa, Abel, Tania, Irene, Daniel, Antón Figueroa, Jéssica e Santiago).

miércoles, 18 de diciembre de 2013

AS NOSAS POSTAIS

VIDEOCONFERENCIA COS REISES MAGOS



Os REISES MAGOS estiveron hoxe no cole, pero por videoconferencia. Os tres Reises comentáronos que xa queda pouquiño para que veñan traernos os agasallos e que é moi importante portarse ben todos os días e traballar moito no cole e na casa.
Cun pouco de sorte poderemos velos o venres polo cole...

viernes, 13 de diciembre de 2013

PRIMEIRO EXAME A TRAVÉS DE INTERNET

Hoxe fixemos un exame de repaso de Coñecemento do Medio, e... cal foi a sorpresa?? Pois que o fixemos no ordenador a través de internet. 
No seguinte enlace podedes volver facelo...  SORTE!!

jueves, 12 de diciembre de 2013

SOLIDARIEDADE NO COLE

Grazas a solidariedade de todos e de todas conseguimos, un ano máis, xuntar unha gran cantidade de alimentos para as persoas que máis o necesitan. Pasta, aceite, colacao, conservas ou cereais son algúns dos moitos alimentos que xuntamos e que o alumnado de quinto e de sexto levou a dúas asociacións benéficas
MOITAS GRAZAS POR ESE GRANCIÑO DE AREA!!! 

miércoles, 11 de diciembre de 2013

viernes, 6 de diciembre de 2013

SEMENTAR SEMENTAREI...

Aproveitando o bo tempo do que disfrutamos neste mes de decembro, saímos a zona verde do centro a plantar unha nogueira. A continuación tedes os pasos que seguimos no proceso:




O primeiro que temos que facer para plantar unha nogueira é.... POÑER AS NOCES A REMOLLO!!

A continuación atendemos as explicacións
                                                                                                     da profesora Amanda
Logo escribimos o nome na nosa maceta




E xa nos  poñemos mans á obra....















Pouco a pouco enchemos a maceta de terra














E xa podemos poñer a noz co pico cara arriba

Finalmente, temos que regar ben a noz.


jueves, 5 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O VENRES NON TEMOS CLASE...

Este venres, día 6 de decembro, non temos clase e na aula tratamos de averiguar o porqué. Logo dunha serie de aportacións e de opinións, a explicación atopámola na lectura dun conto sobre unha tal CONSTITUCIÓN.
Aquí tedes algunhas das fotos traballando sobre a Constitución e o Estatuto de Autonomía de GALICIA.

lunes, 2 de diciembre de 2013

COMEZAMOS NOVO TEMA EN MATE

Hoxe comezamos unha nova unidade didácta de matemáticas, a número 5. Coas fotos que presentamos a continuación... Sabedes o que imos traballar???


viernes, 29 de noviembre de 2013

CÁLCULO MENTAL CO BLOG

Esta semana rematámola traballando o cálculo mental dun xeito divertido na aula de informática a través do blog de aula. No xogo "Dados" puxemos en práctica as nosas habilidades mentais. Tamén fixemos sumas e restas levando, xogamos coa pirámide...
Aquí tedes algunhas fotos...





miércoles, 27 de noviembre de 2013

CUMPLE DE ANTELA

Hoxe celebramos na clase un novo cumple: o de ANTELA. E vaia semaniña levamos... primeiro o cumple de Antón Figueroa e agora o de Antela! 
Oxalá todas as semanas fosen así...!!!


lunes, 25 de noviembre de 2013

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 25 de novembro, conmemoramos no colexio a día Internacional contra a violencia de xénero. Na clase de segundo vimos o conto "Xela converteuse en vampiro!!" e elaboramos debuxos e carteis.

CUMPLE DE ANTÓN FIGUEROA

Hoxe celebramos no cole o cumple de Antón Figueroa e fixémolo con unha riquísima tarta de queixo que nos fixo na casa. FELIZ CUMPLE!!!!
 

domingo, 24 de noviembre de 2013

NOVO DÍA DE MERCADO NA AULA DE 2º

Este venres celebrouse o segundo mercadillo do curso na aula de segundo. Cereais, refrescos, iogures, colacao, zumes, augas, deterxentes ou natillas son algúns dos productos que se puideron mercar.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

OLA ALBA!!

Alba:
Queremos que te recuperes pronto. Sentimos que estés enferma e queremos que veñas a escola pronto para verche.
Na clase cambiámonos de sitio e vas estar no sitio de Abel.
Un bico moi forte e un abrazo de todos os teus compañeiros e compañeiras.