viernes, 29 de noviembre de 2013

CÁLCULO MENTAL CO BLOG

Esta semana rematámola traballando o cálculo mental dun xeito divertido na aula de informática a través do blog de aula. No xogo "Dados" puxemos en práctica as nosas habilidades mentais. Tamén fixemos sumas e restas levando, xogamos coa pirámide...
Aquí tedes algunhas fotos...





miércoles, 27 de noviembre de 2013

CUMPLE DE ANTELA

Hoxe celebramos na clase un novo cumple: o de ANTELA. E vaia semaniña levamos... primeiro o cumple de Antón Figueroa e agora o de Antela! 
Oxalá todas as semanas fosen así...!!!


lunes, 25 de noviembre de 2013

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 25 de novembro, conmemoramos no colexio a día Internacional contra a violencia de xénero. Na clase de segundo vimos o conto "Xela converteuse en vampiro!!" e elaboramos debuxos e carteis.

CUMPLE DE ANTÓN FIGUEROA

Hoxe celebramos no cole o cumple de Antón Figueroa e fixémolo con unha riquísima tarta de queixo que nos fixo na casa. FELIZ CUMPLE!!!!
 

domingo, 24 de noviembre de 2013

NOVO DÍA DE MERCADO NA AULA DE 2º

Este venres celebrouse o segundo mercadillo do curso na aula de segundo. Cereais, refrescos, iogures, colacao, zumes, augas, deterxentes ou natillas son algúns dos productos que se puideron mercar.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

OLA ALBA!!

Alba:
Queremos que te recuperes pronto. Sentimos que estés enferma e queremos que veñas a escola pronto para verche.
Na clase cambiámonos de sitio e vas estar no sitio de Abel.
Un bico moi forte e un abrazo de todos os teus compañeiros e compañeiras.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

lunes, 11 de noviembre de 2013

jueves, 7 de noviembre de 2013

VIAXE A UN MUNDO PERDIDO







Onte fomos a Cidade da Cultura e pasámolo moi ben. O que máis me gustou foi todo pero principalmente foron as lanzas de cazar animais. (ALBA)

A min gustoume a xungla de mentira por que parecía de verdade. (ANTELA)

Aprendemos moitas cousas do río Orinoco: o río está ao lado do Amazonas. (ANTON F.)


O que máis me gustou foron as canoas, as lanzas, como se facían as maracas e o río Orinoco. (DANI)

miércoles, 6 de noviembre de 2013

ALMORZOS SAUDABLES



TRABALLAMOS COAS MOEDAS

Onte comezamos unha nova temática en matemáticas: o traballo cos euros. Para familiarizarse un pouco coa nosa moeda, manexamos billetes e moedas de mentira (inda que tamén tocamos algún verdadeiro) e tamén contamos con unha colección de moedas. Tamén vimos moedas que xa non usamos (como a peseta) e moedas de outros países (dólares, francos...). 






lunes, 4 de noviembre de 2013

A HORA DE LER

No día de hoxe demos comezo unha nova actividade no centro: A HORA DE LER. Todos os días, logo do recreo (entre as 12:30 e as 12:50 horas) adicarémolas á lectura. Para iso podedes traer das vosas casas aqueles libros ou contos que vos gusten e deste xeito ocupar o tempo de lectura dun xeito máis divertido e agradable.