jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz no cole. Logo do recreo corremos todos xuntos de xeito solidario por Níxer. A continuación, fomos á biblioteca e cantamos varias canción da paz.



OLA ANTÓN FIGUEROA

Bos días Antón!!!
Hoxe foi o día da Paz e pasámolo xenial. Que pena que non poideras asistir á carreira!!!. O teu dorsal  é o 58 e decorámoscho entre todos. 
Esperamos que te mellores pronto e que volvas ao cole mañán.
Un bico moi grande de toda a clase e querémosche moito.

miércoles, 29 de enero de 2014

TRABALLAMOS POLA PAZ

Toda esta semana estamos celebrando na aula e no cole o día da Paz. Algunhas das cousas que estamos facendo son murais, táboas decorativas, lectura de poemas, xogos interactivos, actividades en plástica,  etc.





martes, 28 de enero de 2014

FACEMOS DE CARPINTEIROS

Dende o día de onte, estamos traballando na aula coa madeira para elaborar unha táboa decorativa sobre a paz.
O primeiro que fixemos foi lixar a madeira. Logo escribimos a palabra paz e xa deixamos a madeira lista para poder cravar as puntas. Mañá seguiremos traballando...




viernes, 24 de enero de 2014

miércoles, 22 de enero de 2014

TRABALLAMOS EN PLÁSTICA

Xa estamos rematando a unidade do Sol, A Terra e a Lúa, e esta última non quixo perderse a clase de hoxe. Á hora da entrada ás clases, acercámonos todos ao patio do centro a observar como a Lúa inda nos acompañaba no seu cuarto minguante. Á última hora da mañá retomamos o traballo dos astros, e realizamos un pequeno traballo individual en plástica. Aquí tedes algunhas fotos.






CUMPLE DE ABEL E ANTÓN PÉREZ

Esta semana celebramos no cole os cumpleanos de Abel e de Antón Pérez e fixémolo por todo o alto!!
E que oito anos non se cumplen todos os días...

jueves, 9 de enero de 2014