lunes, 30 de septiembre de 2013

TRABALLAMOS EN RECUNCHOS O CORPO HUMANO

O QUE APRENDEMOS SOBRE O ESQUELETO
  • O corpo  humano ten 206 osos (Antón Figueroa).
  • É moi dificil saber os osos do corpo (Alba).
  • Temos un esqueleto (Daniel).
  • Temos  24  costelas (Abel).
  •  As costelas protexen o corazón e os pulmóns (Ángel).
  • Aprender o corpo humano e moi divertido (Paula).
  • O óso máis longo do corpo é o fémur (Lucía).
  • Sen columna vertebral non nos aguantarnos de pé (Antela).






viernes, 27 de septiembre de 2013

HOXE COMEZAMOS CO CORPO HUMANO

Hoxe, venres día 27 de setembro, comezamos co traballo do corpo humano. Nos vindeiros días iremos subindo información de interese sobre o noso corpo.




martes, 17 de septiembre de 2013

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2013 - 2014

Chega o mes de setembro e con él, o comezo dun novo curso escolar. Antes de nada, temos que darlle a benvida a todos os alumnos e alumnas de segundo, xa que eles serán os verdadeiros protagonistas do curso. Con este blog pretendemos acercar o mundo das tecnoloxías ao alumnado e ás familias, convertendo este espazo nun lugar de aprendizaxe e comunicación. Nel atoparedes recursos de interese para traballar nas casas, enlaces a páxinas web cos contidos que estamos traballando e por suposto, todas aquelas actividades reseñables que fagamos na clase.
Sen máis, esperamos que este curso escolar veña cargado de novas aprendizaxes para tod@s.