viernes, 28 de febrero de 2014

DÍA DE ENTROIDO

FESTA RACHADA!! Estas son as palabras que definen o que pasou hoxe no cole. Ao longo de toda a mañá xogamos, desfilamos, bailamos, comemos orellas e filloas, rimos...
En definitiva, un día festivo e de ledicia con todos os compañeiros e compañeiras do cole e coas familias.


jueves, 27 de febrero de 2014

ENTROIDO VENECIANO

Hoxe coñecemos un pouco máis doutros entroidos do mundo: o de Venecia. Venecia é unha cidade italiana que se caracteriza por ter unhas rúas moi peculiares: son de auga e a gran parte da xente desprázase en vaporettos e en góndolas. O seu entroido é coñecido mundialmente polos desfiles de máscaras.
Fotos propias 



ENSAIO XERAL

Hoxe fixemos un ensaio xeral para o festival de mañá venres (que terá lugar a partir das 12:45 horas). Tamén estrenamos as balsas e a verdade é que quedan moi bonitas e vistosas.




miércoles, 26 de febrero de 2014

¿PELIQUEIROS OU CIGARRÓNS?

Aquí  nos podedes ver coas máscaras de Peliqueiros (Laza) e Cigarróns (de Verín) que fixemos nas casas e no cole. Verdade que quedaron chulas??


COMEZA O ENTROIDO NO COLE

Hoxe arrancamos oficialmente co entroido no cole, e o primeiro que tivemos que facer foi darlle a volta ao xerxei e estar toda a mañá con el do revés. O noso amigo, o porco, foi o encargado de darnos as ordes de todo o que temos que facer. Para mañá, toca vir coa cara pintada...



lunes, 17 de febrero de 2014

COMEZAMOS CO ENTROIDO

O mércores pasado en plástica e hoxe en coñe, comezamos a preparar o material que necesitamos para o entroido. Por un lado, pintamos botellas de dous litros necesarias para os buzos e por outro pintamos os pesos que levarán na cintura. A ver que tal nos quedan...

jueves, 13 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

NOVA PROFE

Hoxe comezou con nós unha nova profe que nos acompañará ata finais de marzo. O seu nome é Dali e seguro que aprenderemos moitas cousas con ela. BENVIDA Á AULA DE SEGUNDO!!!

viernes, 7 de febrero de 2014

COMEZAMOS COS ANIMAIS

Hoxe comezamos unha nova e divertida unidade en coñecemento: A DOS ANIMAIS.
Aquí tedes algunhas das fotos dos animais cos que traballaremos...






Aquí vemos como conviven pacificamente dous animais
de altura: a xirafa e a avestruz





Unha siestiña nunca ven mal... Que llo digan a esta mamá gorila e ao seu fillo.




Quen non está para siesta é o xigante elefante. - Prefiro comer a varrer!!





Quenes viven ben son estes papagaios e os flamengos. ¡Que paisaxe máis bonita!





E por último temos ao tigre, que nin come nin durme.




Fotos propias

ÁNIMO JÉSSICA

Dende a clase de segundo queremos darlle moitas forzas a Jéssica para que se recupere axiña e poida vir o luns xa a clase. MOITO ÁNIMO E ATA LUNS!!

jueves, 6 de febrero de 2014

CLASE DE MATE POR NÍXER

Hoxe a clase de mate foi un pouco distinta ao normal, xa que a fixemos na biblioteca e porque tivemos a labor de contar todo o diñeiro recaudado para Níxer.