jueves, 29 de mayo de 2014

UNHA CARTA PARA A NOSA AMIGA MAITE

Querida Maite:
Sintimos moito que te caeras e te fixeras dano.
Esperamos que te recuperes pronto para que veñas ao colexio a ver aos teus compañeiros, compañeiras e a Jose.
Un bico moi forte de todos os teus compañeiros, compañeiras e do profesor. 


viernes, 23 de mayo de 2014

COMEZA A RODAXE DE "GALEGOS NO MUNDO"

Hoxe comezou no cole a rodaxe de "Galegos no mundo"... Don Benito, o director do cole, botounos unha man na posta en marcha da rodaxe. Esperemos que axiña poidamos rematar de gravar o programa...
 


 


miércoles, 21 de mayo de 2014

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS NO COLE

Hoxe celebramos no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dun xeito moi especial, falando e cantando sobre paxaros como lle gustaría a Xosé María Díaz Castro.
A nós tocounos a Bubela e a Laverca, dous paxaros típicos de Galicia.
Cantamos as seguintes poesías:
Canta laverquiña, canta,
que morreu o meu amor;
canta e volve a cantar,
aleda o meu corazón.

No bicarelo do bico do brelo,
canta o paxariño, 
no mesmiño bicarelo,
do bico do brelo. 

Uxío Novoneyra 

 

martes, 13 de mayo de 2014

CARTA DE URDILDE A DUMBRÍA

Hoxe rematamos o noso traballo para os nenos e nenas de segundo do CEIP Santa Eulalia de Dumbría e xa llo enviamos. Esperamos que lles guste!!!
Foi moi bonito e divertido coñecer a alumnos/as de outro cole e desexamos que pronto nos respondan ou que poidamos falar con eles por skype.



TRABALLAMOS COS LITROS

Esta semana comezamos en mate a traballar cos litros. Algunhas das preguntas que nos fixemos foron as seguintes:
  • Que envases coñecemos que veñan en litros? Auga, refrescos, deterxente, suavizante, lixivia, viño...
  • Cales destes produtos son alimentos e cales non?
  • De que medida ou capacidade son estes envases? De medio litro, 1 litro, 1,5 litros, 2 litros, 5 litros, 8 litros...
  • Como podemos encher unha botella de 5 litros de auga empregando outras botellas? 
  • Cantas botellas de medio litro fan falta para encher unha botella de dous litros?
  • Etc.
Primeiro manipulamos no patio do cole con distintas botellas de auga.

Logo, na aula, fixemos unha ficha na que recortamos envases para completar os litros
que nos indican 

lunes, 12 de mayo de 2014

CUMPLE DE IRENE

Hoxe celebramos no cole o cumple de Irene e fixémolo dun xeito moi especial: comendo todos e todas unhas riquísimas cereixas que nos trouxo Irene. 
FELIZ CUMPLE!!!
 

domingo, 11 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS celébrase cada 17 de maio dende 1963, para conmemorar a publicación do libro de ROSALÍA DE CASTRO "Cantares Gallegos". Cada ano adícanse as Letras a un escritor distinto. 
Este ano o autor homenaxeado e XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, que naceu no concello de Guitiriz polo ano 1914. A súa familia era labrega, aínda que o seu pai traballou por unha tempada como escribinte. No seu lugar era coñecido como Pepe. De pequeno axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas. Tamén estudou nunha pequena escola da súa aldea que se chamaba "A escola da Conchada".
http://www.poetadiazcastro.com/

jueves, 8 de mayo de 2014

viernes, 2 de mayo de 2014

UNHA CARTA ESPECIAL DENDE DUMBRÍA

Hoxe no cole recibimos unha carta dos nenos e nenas de segundo do cole Santa Eulalia de Dumbría. 
Na carta ven unha postal moi bonita coa cascada do Ézaro e un mural de todos os nenos e nenas de segundo.
Na clase decidimos responderlle á carta e facerlle nós outro agasallo.