viernes, 28 de marzo de 2014

DESPEDIDA DE DALI

Hoxe foi un día especial no cole xa que, por un lado rematou o segundo trimestre, e por outro, Dali finalizou o seu período de prácticas. Para agradecerlle o seu paso pola aula, agasallámola cun libriño feito por cada un dos nenos e nenas de segundo. Tamén fixemos unha pequena festiña antes do recreo e logo Dali tróuxonos unhas chuches para cada un.
Esperemos que axiña nos veñas facer unha visitiña...

jueves, 27 de marzo de 2014

VISITA ESPECIAL Á NOSA AULA

Hoxe recibimos unha agradable visita á última hora da mañá. Os nenos e nenas de 5 anos e a súa titora, Manola, viñeron á nosa clase a traernos un agasallo para Alba, en agradecemento polo conto que lle contou antonte na súa aula. 
Aquí vedes unha fermosa foto de todos xuntos. Dá gusto ter a aula chea!!!

martes, 25 de marzo de 2014

CONTACONTOS EN INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º curso de Educación infantil, contaron hoxe con unha contacontos estupenda: Alba, que lles contou o conto de Carmen, unha señora que tiña debaixo da cama unha morea de animais: un can, un galo, un rato, un lobo, etc. Dani axudoulle na respresentación e na canción.
Esperamos que axiña sexan outros os compañeiros e compañeiras que se animen a contar novos contos.


lunes, 24 de marzo de 2014

ANTÓN NA TELEVISIÓN

Hoxe vimos na clase un programa de televisión moi especial, no que saían algúns dos nosos compañeiros da clase (Antón Figueroa, Santi e Ángel). O programa titúlase Cos Pés na Terra e retrasmitiuse onte pola noite na televisión de Galicia. A nai de Antón, Carmen, conta como é o día a día da familia no seu traballo arredor do campo.
No seguinte enlace, podedes ver o programa completo. De seguro que vos gusta!!

Programa Cos Pés na Terra do 23 de marzo de 2014

jueves, 20 de marzo de 2014

XA CHEGA A PRIMAVERA

Hoxe, ás 17:57 horas, terá lugar o equinocio de primavera, momento no que o inverno dará paso á primavera. 
A palabra equinocio provén do latín "aequinoctium" que significa "noite igual". Durante os equinocios de primavera e outono, a duracción do día e da noite é a mesma.
Esperemos que o bo tempo co que rematou o inverno nos acompañe na nova estación.

TRABALLAMOS AS COMPETENCIAS EN MATE

No día de hoxe traballamos de novo as competencias básicas en mate. Fixémolo na biblioteca e a través do traballo en grupos de tres e catro alumn@s.
Algunhas cuestións que resolvemos, relacionáronse coas horas, coas medidas de peso e distancia, cos euros, entre outros.

viernes, 14 de marzo de 2014

COMEZAMOS COAS MEDIDAS DE PESO

Hoxe aprendemos novas cousas en mate: os kilogramos, gramos... Gran parte das cousas que mercamos no súper veñen en kilogramos ou en gramos, co cal é necesario que coñezamos estas medidas.